Publicador de contidos

Publicador de contidos

Temperaturas de verán no sur de Galicia en pleno mes de outubro

Temperaturas de verán no sur de Galicia en pleno mes de outubro

Verán no litoral das Rías Baixas en pleno mes de outubro. A cidade de Pontevedra rexistrou 30 graos este domingo, e na costa non baixou dos 26 graos

O mar calmo e a ausencia de vento convidou a gozar da praia e as terrazas

En Ourense, o outono trai temperaturas de 30 graos. Son valores moi elevados para esta época, un tempo ata para tomar o sol ao carón do Miño

G24.gal 12/10/2025 20:38 Última actualización 12/10/2025 21:33

A estampa que presentaban as praias neste domingo non difire en nada dun típico día de verán. Corpos ao sol sobre a area e tamén a remollo no mar, que estaba máis ben fresquiño, con 16 graos, temperatura normal para a época. Non o é tanto a calor que se rexistra fóra da auga, con valores que chegaron aos 30 graos en Pontevedra, e que non baixaron dos 26 nas Rías Baixas.

Estes díxitos estivais vanse manter, segundo as previsións, para as próximas xornadas en case todo o país. Unha situación meteorolóxica que é boa para o lecer, pero non tanto para a terra.

A chuvia nin está nin se agarda durante a semana vindeira, agás no interior. Xa que logo, mar calmo e vitamina D en abundancia, iso sí, cun índice ultravioleta en niveis moderados.

 

 

A cidade de Ourense viviu esta finde semana dúas xornadas calorosas a 30 graos en outubro

Segue o tempo de verán en outono en Ourense con temperaturas de 30 graos

Poderían ser imaxes de arquivo de calquera día de verán, pero así de ateigada está a case mediados de outubro a zona termal da Chavasqueira na ribeira do Miño, en Ourense. Con Sol e calor.

A cidade máis quente de Galicia segue este outono con 27 graos á sombra, e ao sol a máxima chegou ata os 30 graos e medio. Un tempo seco e caloroso que deixa moitas contrastes na rúa, con manga longa e tamén moitas mangas e pantalóns curtos. E tamén moi bo ambiente e o bo humor que dá a luz do sol. 

"Eu quero o calorciño, é bo, o calor é bo. Estase ben? Estase ben... tiña que vir a auga para as verduras, para as castañas, para os nabos, a auga facía moita falta, pero hai que aguantar o que hai". 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade