Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ascenden a 12 os detidos na operación antidroga desenvolvida no Salnés

Ascenden a 12 os detidos na operación antidroga desenvolvida no Salnés

A UCO detivo esta mañá outras dúas persoas na nosa comunidade

Efectuáronse 15 rexistros domicialiarios en Cambados, Vilanova, Caldas de Reis, Madrid e Barcelona

G24.gal 04/09/2025 13:57

Aumenta o número de persoas detidas no marco da operación internacional contra o tráfico de drogas desenvolvida na comarca do Salnés. Esta mañá axentes da UCO e do equipo contra o crime organizado da Garda Civil da comandancia de Pontevedra detiveron outras dúas persoas na nosa comunidade, pero de momento non transcendeu en que concellos.

Con estes novos arrestos xa son doce as persoas detidas despois de que o mércores arrestasen seis individuos nos concellos de Cambados, Vilanova de Arousa e Caldas de Reis e outros catro en Madrid.

En Cambados detiveron un home de nacionalidade colombiana que presuntamente lideraba esta rede internacional que se dedicaba a introducir cocaína procedente de América do Sur nas Rías Baixas.

O dispositivo de axentes foi tal que estes días era do único que se falaba na vila. As testemuñas aseguran que había máis de seis vehículos policiais na rúa, axentes armados con metralletas e ata un helicóptero que estivo sobrevoando a zona durante o tempo que duraron os rexistros.

Segundo fontes da UCO no marco da operación realizáronse 15 rexistros domiciliarios en Galicia, Madrid e Barcelona en que se incautaron de abundante documentación de interese. Nos meses anteriores ás detencións tamén se incautaron unha gran cantidade de droga que de momento non transcendeu xa que o caso está baixo segredo de sumario.

Nesta macrooperación colaboraron axentes da Europol, da DEA e da policía portuguesa e italiana. Está previsto que os detidos pasen este venres a disposición xudicial para prestar declaración ante a titular do xulgado de instrución número catro de Cambados.

A operación continúa aberta.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade