Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha decena de detidos no Salnés nunha operación contra o tráfico de cocaína

Unha decena de detidos no Salnés nunha operación contra o tráfico de cocaína

Entre os detidos figura un cidadán de nacionalidade colombiana acusado de liderar unha organización dedicada presuntamente ao tráfico de estupefacientes a grande escala

O operativo, liderado pola UCO, inclúe rexistros e desenvólvese principalmente en Cambados e outros municipios da comarca do Salnés, aínda que tamén en Madrid

Axentes da UCO, nun operativo (Elena Fernández-Europa Press-Arquivo) Axentes da UCO, nun operativo (Elena Fernández-Europa Press-Arquivo)
G24.gal 03/09/2025 10:53 Última actualización 03/09/2025 12:45

Unha operación da Garda Civil contra o narcotráfico na comarca do Salnés deixou unha decena de detidos pola súa presunta relación coa entrada de cocaína na costa galega, segundo informaron a Europa Press fontes da investigación.

No operativo, que comezou este mércores e está dirixido polo xulgado número 4 de Cambados, tamén colaboran axentes da DEA, a Europol e da Policía Judiciária de Portugal. Inclúe rexistros e desenvólvese principalmente en Cambados e outros municipios da comarca do Salnés, aínda que tamén en Madrid.

Así, segundo confirmou o subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, na provincia producíronse seis detencións e realizáronse 11 rexistros, algúns deles en Vilanova de Arousa, concretamente na parroquia de Baión. 

Entre os detidos figura un cidadán de nacionalidade colombiana acusado de liderar unha organización dedicada presuntamente ao tráfico de estupefacientes a grande escala, segundo detallaron as citadas fontes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade