Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un incendio calcina as instalacións do punto limpo de Baleira

Un incendio calcina as instalacións do punto limpo de Baleira

As lapas calcinaron a estrutura da nave, pero os vehículos do parque móbil puideron salvarse

O suceso causou alarma entre os veciños dunha vivenda próxima, que foron os que deron aviso

A estrutura da nave quedou totalmente calcinada
G24.gal 03/09/2025 10:19

Un incendio declarado a primeira hora deste mércores calcinou por completo a estrutura da nave do punto limpo do concello lugués de Baleira.

Foi preto das seis e media da mañá cando os veciños espertaron alarmados por fortes ruídos.

" Estábamos durmindo e sentíanse os estalos das chapas. Mirei pola ventá e xs se vian as lapas saíndo polo tellado", conta un deles

Ata o lugar desprazouse o tenente de alcalde de Baleira, que forzou a porta. Deste xeito conseguiron salvar os medios que había no interior. Entre eles, camións de lixo e de obras, ademais de varias máquinas.

"Forzaron a porta coa niveladora que teñen ahí fora e foi a maneira de ir botando auga ata que chegaron os bombeiros" comenta o veciño que ten a casa a carón da nave, conta o veciño

Na extinción do lume participaron os bombeiros de Sarria. Destacaban, ao igual que o alcalde, Ángel Martínez, que só houbo que lamentar danos materiais.

Por fortuna o lume so afectou o interior da nave, e grazas o traballo dos equipos de extinción as lapas non chegaron ata unha vivenda situada a poucos metros das instalacións.

Traballos de extinción no exterior da nave Traballos de extinción no exterior da nave

Na nave había tamén escombros e materiais destinados á reciclaxe, que foron sacados do interior da nave para que acabaran de arder fora das instalacións e os bombeiros puideran combater mellor as lapas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade