Publicador de contidos

Publicador de contidos

Dúas persoas feridas leves nun accidente múltiple con sete vehículos implicados en Vigo

Dúas persoas feridas leves nun accidente múltiple con sete vehículos implicados en Vigo

Ambas foron atendidas no propio lugar polo persoal sanitario, sen que fose necesario o seu traslado a un centro hospitalario

O sinistro provocou retencións na circulación, como se aprecia na imaxe da cámara da DXT O sinistro provocou retencións na circulación, como se aprecia na imaxe da cámara da DXT
G24.gal 03/09/2025 09:24

Dúas persoas quedaron feridas levemente nun accidente múltiple rexistrado a primeira hora deste mércores en Vigo, no que se viron implicados un total de sete vehículos. Ambas foron atendidas no propio lugar polo persoal sanitario, sen que fose necesario o seu traslado a un centro hospitalario.

O accidente provocou retencións de tráfico na zona.

O sinistro produciuse ao redor das 08:00 horas, cando o sistema de emerxencias E-Call dun dos turismos implicados alertou ao 112 Galicia e situaba o accidente na VG-20, á altura do quilómetro 10, en Beade.

A partir de aí, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia pasouse aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Vigo, á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local e aos efectivos de Protección Civil.

Segundo confirmaron os equipos desprazados, sete vehículos víronse involucrados no accidente. Ademais das dúas persoas feridas leves, outras cinco saíron ilesas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade