Unha muller leva sete parroquias da Louriña ante a falta de sacerdotes
A escaseza de clero obriga a reestruturar a vida parroquial na comarca
A profesora compaxina o seu traballo co labor relixioso cada fin de semana
A falta de sacerdotes leva a que algunhas dioceses autoricen as mulleres para dirixir a celebración da palabra. É o caso dunha segrar que estará á fronte de sete parroquias na comarca da Louriña para paliar as actuais deficiencias de atención nestas igrexas.
O bispo de Tui-Vigo acaba de reestruturar as parroquias da diocese co obxectivo de mellorar a atención aos fregueses. Almudena Suárez será quen dirixa a celebración da palabra en ausencia do sacerdote en sete parroquias da Louriña.
O obxectivo é paliar a escaseza de sacerdotes que desde hai uns anos afecta en xeral a todas as parroquias cunha celebración algo diferente a da propia misa, que tan só pode oficiar un sacerdote.
Desde o principio, a idea da chegada dunha muller a estas parroquias tivo unha grande acollida entre os fregueses.
Almudena compaxina o seu traballo de profesora coa atención ás sete parroquias da comarca da Louriña, onde, segundo di, cada domingo carga as pilas para toda a semana.