Publicador de contidos

Publicador de contidos

Clausuran unha capela en Nigrán pola caída de cascallos

Clausuran unha capela en Nigrán pola caída de cascallos

A caída constante de cascallos mesmo na misa obrigou ao peche da capela das Angustias

G24.gal 09/11/2026 13:49

E os veciños de Nigrán lamentan o peche da capela  das Angustias onde moitos casaron ou bautizaron aos seus fillos.

Pero o estado de degradación do templo obrigou o crego a tomar  esta decisión despois de que lle caera unha pedra a menos dun metro durante a celebración dunha misa.

A capela das Angustias  do século XVIII é unha das favoritas dos nigraneses e turistas porque é das que máis zona de aparacadoiro ten e conta ademais cun magnífico retablo barroco como todo o templo cunha bóveda con frescos moi antigos.

Precisamente foi parte desa bóveda o que case lle cae enriba a Don Benito cando estaba oficiando unha eucaristía.

Antes de que caese a pedra xa se fixeran informes e se dera conta a Bispado e a Patrimonio do estado da Igrexa.

Ademais de quedar sen misas nin templo, o lugar ten para moitos deles unha compoñente sentimental porque aquí viviron momentos importantes das súas vidas.

Malia o esforzo por limpar e coidar a capela destes fregueses non poden evitar que as partículas sigan caendo e temen que pechada a igrexa se degrade máis.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade