Publicador de contidos

Publicador de contidos

Morre o tripulante dun veleiro en Burela logo de sufrir un forte golpe na cabeza

Morre o tripulante dun veleiro en Burela logo de sufrir un forte golpe na cabeza

Fora evacuado polo helicóptero de Gardacostas de Galicia Pesca 2 ao Hospital da Mariña logo de practicarlle os primeiros auxilios no iate

O rescatador tivo que achegarse a nado á embarcación

Imaxe do momento da evacuación desde o helicóptero de Gardacostas de Galicia Pesca 2
G24.gal 03/09/2025 08:23

Un tripulante do veleiro de luxo Charisma Nova que quedara ferido de gravidade en Burela faleceu no Hospital da Mariña. Tivera que ser evacuado de urxencia tras sufrir un golpe na cabeza que o deixara en estado de coma.

O helicóptero de Gardacostas de Galicia Pesca 2 encargárase de trasladalo ao hospital comarcal, logo duns complicados traballos de rescate e de realizarlle a bordo do iate os primeiros auxilios. O rescatador tivo que achegarse a nado á embarcación

Segundo a información recollida no 112 Galicia, o suceso ocorreu sobre as 16:45 horas deste martes, cando Salvamento Marítimo informou da necesidade de rescatar e trasladar a vítima. Da situación tamén tiveron coñecemento o Servizo de Gardacostas de Galicia, a Garda Civil e Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Debido á gravidade do estado do ferido e á dificultade do operativo, un dos efectivos tivo que lanzarse á auga e acceder ao veleiro para poder subir a vítima a bordo do helicóptero Pesca 2, que o trasladou de maneira inmediata ao Hospital Público da Mariña.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade