Publicador de contidos

Publicador de contidos

Falece unha persoa tras sufrir un atropelo en Lugo

Falece unha persoa tras sufrir un atropelo en Lugo

O atropelo produciuse xunto ao cemiterio San Froilán

G24.gal 28/10/2026 20:46

Unha persoa perdeu a vida este mércores nun atropelo en Lugo. Segundo informa o 112 tivo lugar na Estrada Vella de Santiago, xunto ao cemiterio San Froilán. Ao parecer trátase dun octoxenario residente na zona, que se dirixía a un local de hostalería.

 

O 112 Galicia recibiu o aviso ás 19:40 horas, a través do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que informaba dun atropelo no que a persoa implicada estaba inconsciente.

De inmediato, desde a central de emerxencias deuse aviso á Policía Nacional e á Policía Local.

Finalmente, a persoa faleceu no lugar do accidente.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade