Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha furgoneta cae ao mar no porto do Vicedo

Unha furgoneta cae ao mar no porto do Vicedo

Un descoido fixo que o condutor deixara o vehículo estacionado sen freo de man e sen marcha

Non é o primeiro incidente deste tipo na dársena portuaria do Vicedo

 

Houbo que agardar 24 horas pra sacar da auga o furgón aproveitando a baixamar
G24.gal 28/10/2026 13:57

O vehículo foi sacado da auga por un guindastre 24 horas despois do sinistro aproveitando a baixamar. O furgón precipitouse as augas do peirao do Vicedo o martes cando a marea estaba subindo. Logo a preamar obrigou a adiar os traballos para o seu izado.

A causa foi un descoido. O propietario baixou do vehículo deixándoo sen marcha e sen freo de man. A inclinación do terreo fixo que a furgoneta acabara caendo na auga do peirao do Vicedo, ao carón dunha embarcación que non sufriu dano.

O dono do barco subliñou que o importante é que "non resultou ninguén ferido, nunha dársena entrando e saído buques. Non é moi concorrida, pero nunha que sexa un pouco máis concorrida é un perigo".

O suceso espertou a curiosidade dos veciños que paseaban pola zona portuaria. 

"Deixou a furgoneta soa aí sen freo nin marcha e caeu ao mar".

O vehículo sufriu danos importantes.

"Quedou para o despezamento, non creo que valla para nada, nomeadamente a parte electrónica e iso, estragouse".

Lembran que no mesmo lugar houbo outros sucesos semellantes.

"Xa caeu hai dous anos outro vehículo". 

"Morreu un home tamén afogado, antes de poñer a varanda. Caeu co coche o pobriño quedou aí".

Os incidentes con vehículos que acaban no mar ou quedan atrapados pola marea son frecuentes, con varios casos en Galicia nos últimos meses.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade