Publicador de contidos

Publicador de contidos

Decretan segredo de sumario, prohibición de acceder á zona e incautación das caixas negras dos trens

Decretan segredo de sumario, prohibición de acceder á zona e incautación das caixas negras dos trens

Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, equipos de salvamento e persoal xudicial son os únicos que teñen autorización para permanecer no lugar do accidente 

O obxectivo é esclarecer os feitos e preservar as evidencias, probas e indicios

 

EFE/Ismael Herrero EFE/Ismael Herrero
G24.gal 28/10/2026 21:09

A titular da praza número 2 da Sección Civil e de Instrución do Tribunal de Instancia de Orgaz (Toledo) ditou providencia na tarde deste mércores pola que se acorda a prohibición de acceso a toda persoa allea á zona do sinistro do accidente ferroviario de Urda.

A prohibición alcanza 2 quilómetros da vía de alta velocidade Madrid-Sevilla en ambos os sentidos.

Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, equipos de salvamento e sanidade e persoal xudicial son os únicos que conta coa autorización xudicial para permanecer na zona, segundo o comunicado do Tribunal Superior de Xustiza recollido por Europa Press.

Prohibido retirar elementos e difundir imaxes da zona afectada 

Na mesma providencia, prohíbese a retirada de calquera elemento, así como a toma e difusión de imaxes da zona afectada.

A decisión da xuíza instrutora prodúcese co fin de esclarecer os feitos e preservar as evidencias, probas e indicios, explica o comunicado.

Outro dos acordos da xuíza instrutora durante a tarde foi a incautación e custodia por parte da Policía Xudicial de Toledo das caixas negras dos trens sinistrados que se atopen, para a súa posterior análise.

Solicitouse un informe sobre as persoas encargadas do control de mando

Ademais, a xuíza instrutora dictou que a Policía Xudicial compareza no centro de control de Atocha para solicitar datos relativos á circulación de trens na zona do sinistro e solicitou un informe da comisión de investigación de ADIF sobre as persoas encargadas do control de mando no momento do accidente.

Doutra banda, oficiouse á Policía Xudicial de Toledo para solicitar datos de ADIF relacionados con protocolos de actuación relativos aos minutos previos, no momento do sinistro, e posteriores ao accidente ferroviario.

Finalmente, ditouse Auto polo que se acorda o segredo de sumario das actuacións.

Por outra banda, o Tribunal Superior de Xustiza de Castela-A Mancha (TSJCLM) activou o protocolo nacional de actuación médico-forense e de policía científica en sucesos con vítimas múltiples.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade