Publicador de contidos

Publicador de contidos

Explotacións agrogandeiras, as que máis acoden ás oficinas de axuda polos incendios

Explotacións agrogandeiras, as que máis acoden ás oficinas de axuda polos incendios

Unhas 200 persoas pasaron xa polas oficinas da Xunta habilitadas para atender os afectados

Os 17 centros abriron este luns e ofrecen información e facilitan as xestións para acceder ás axudas da Xunta

G24.gal 03/09/2025 13:13

Só na oficina de Verín atenderon en dous días un cento de afectados pola vaga de lume que buscaban información sobre as axudas que poden recibir. Como na de Ribadavia, na súa maioría son para explotacións agrarias.

César Fernández, alcalde de Ribadavia, explica que "hai algún caso de inmobles, pero fundamentalmente maquinaria e pendellos agrícolas e danos en explotacións de viñedos que fixeron tamén de cortalumes".

Tamén os gandeiros, que aínda seguen recibindo forraxe, optan a recursos para paliar as perdas. En total son 8 liñas de axuda abertas, que inclúen tamén infraestruturas danadas como as traídas de auga.

"Ata 200.000 euros para comprar maquinaria usada ou nova ou para reconstruír instalación danadas. Ata 15.000 euros para alimentación do gando: forraxe e penso.  Tamén hai axudas para as perdas de produción", destaca María José Gómez Rodríguez, conselleira do Medio Rural.

As axudas para vivenda habitual son de ata 139.000 euros. Estas oficinas só atenden persoas físicas. As empresas ou persoas xurídicas deben facer os trámites de xeito telemático. Sonia Docabo, traballa na oficina rural de Ribadavia, e explica que os casos máis frecuentes son "viñas, alimentación do gando, vivendas e adegas". 

En total son 17 oficinas nas catro provincias, 11 delas na de Ourense, a máis afectada polo lume.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade