Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os afectados polos incendios xa poden solicitar as axudas da Xunta

Os afectados polos incendios xa poden solicitar as axudas da Xunta

As 16 oficinas itinerantes da Xunta de atención aos afectados polos incendios están operativas dende este luns 1 de setembro

Os afectados poden acudir a estas oficinas para axilizar e resolver dúbidas sobre a tramitación das axudas

Entre as axudas, destacan os 132.000 euros para vivendas, os 200.000 para explotacións agrogandeiras e forestais ou os 600.000 para os centros produtivos e negocios afectados

Todos os afectados teñen acceso a elas e non hai un límite orzamentario

G24.gal 01/09/2025 14:45

Xa están operativas as 16 oficinas itinerantes da Xunta de atención aos afectados pola vaga de incendios. Estes poderán acudir ás oficinas para axilizar e resolver dúbidas sobre a tramitación das axudas.

Este paquete de medidas entrou en vigor o luns 1 de setembro. Os trámites deberán facerse vía telemática, pero xa está todo en funcionamento para que quen queira poida achegarse ata as oficinas para pedir información ou solicitar axuda.

"Aquí estamos para informar a quen necesite. Dámoslles as explicacións necesarias para a tramitación, contías e o que recolle toda a orde das axudas", afirma Alejandro Martín Rois, axente territorial Distrito III.

Dentro deste paquete destacan, entre outras, as axudas para a reconstrución das vivendas que sufriran danos a causa dos incendios: ata 139.000 € en caso de vivenda habitual ou permanente, e ata 66.000 €, en caso de segunda residencia. Tamén as achegas relacionadas coas explotacións agrogandeiras e forestais, cos centros produtivos e negocios afectados ou cos Tecores e as indemnizacións por danos físicos ás persoas.

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ánxeles Vázquez, apuntou tamén que o obxectivo da Xunta é chegar ao máximo número de beneficiarios e que as axudas non teñen un límite de importe total.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade