Esta semana comezará a multar o último radar de tramo instalado na AP-9
Leva un mes operativo, pero só emitía advertencias
A DXT aínda non confirmou se manterá o límite de velocidade a 120 km/h ou baixará a 100 km/h
É fácil localizalo polos paneis solares. Este foi o último radar de tramo instalado na AP-9, está á saída de Vigo ao pasar os túneles da Madroa: leva un mes funcionando, pero moitos aínda non o saben. Neste primeiro mes operativo só emitiu advertencias, pero dende o xoves 4 de setembro comezará a multar os que superen o límite de velocidade.
Con este tipo de radares, que miden a velocidade por tramo, neste caso en tres quilómetros e medio, acábase aquilo de frear de golpe ao ver o aparello. Polo momento, o máis aconsellable é permanecer ben atentos xa que a DXT aínda non confirma se vai manter o límite nesa zona a 120 km por hora ou se o baixará a 100, pero din que de facelo cambiarán os sinais a tempo para evitar confusións.