Publicador de contidos

Publicador de contidos

Óscar Puente di que o ferrocarril vive unha "tormenta perfecta" polo material rodante

Óscar Puente di que o ferrocarril vive unha "tormenta perfecta" polo material rodante

O ministro de Transportes asegura que os trens novos "dan fallos de mocidade" e os máis antigos "están nos seus últimos anos de vida"

(Carlos Castro/Europa Press) (Carlos Castro/Europa Press)
G24.gal 01/09/2025 10:42

O ministro de Transportes, Óscar Puente, afirmou este luns sobre as incidencias e atrasos no sistema ferroviario español que este atravesa unha "tormenta perfecta" en canto ao material rodante.

Nunha entrevista en RNE lamentou que "o foco está posto nos trens" e explicou que os trens novos "dan fallos de mocidade" e os máis antigos "están nos seus últimos anos de vida". A isto haille que sumar, afirma, o crecente número de usuarios e de trens en circulación pola rede.

"España vai camiño dos 50 millóns de usuarios ao ano" e, se para un tren, outros dez que veñen por detrás "teñen pouca marxe de tempo" para reaccionar.

Sobre o número de incidencias no tráfico ferroviario, o ministro puxo de relevo a gran cantidade de obras que se executan na rede. Explicou que Adif "non corta o tráfico" para desenvolver esas obras, o que, ao seu xuízo, "produce avarías e incidencias".

Neste senso afirmou que o 7 % das incidencias no ferrocarril en 2024 foron alleas a Renfe e tamén o 23 % das rexistradas durante este verán. "Unha parte" delas, dixo, debéronse aos incendios.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade