Publicador de contidos

Publicador de contidos

Leonor comeza na Academia do Aire o seu último ano de formación militar

Leonor comeza na Academia do Aire o seu último ano de formación militar

"Con ganas de aprender, pero aos poucos", dixo a princesa aos xornalistas antes de entrar na cabina do avión á pregunta de se lle impoñía voar

A estancia en San Javier rematará en xullo de 2026 e logo iniciará a súa formación universitaria

A princesa seguirá un plan de estudos xa estipulado que comezará cun mes de ensino teórico e unhas 50 horas de adestramento nun simulador antes de poder subir ao Pilatus C-21, a nova aeronave da academia

A princesa Leonor incorpórase a Academia do Aire e do Espazo (AGA) para recibir instrución como piloto (EFE/ Marcial Guillén)
G24.gal 01/09/2025 09:13 Última actualización 01/09/2025 14:18

A princesa Leonor ingresou este luns na Academia Xeral do Aire e do Espazo (AGA) en San Javier (Murcia) para recibir a súa instrución como piloto e completar así a súa formación castrense como futura capitá xeral das Forzas Armadas.

"Con ganas de aprender, pero aos poucos", dixo a princesa aos xornalistas antes de entrar na cabina do avión á pregunta de se lle impoñía voar.

Á súa chegada, vestida co uniforme de especial relevancia do Exército do Aire e o Espazo, foi recibida polo director da academia, coronel Luis Felipe González Asenjo, así como outros altos cargos da mesma e algúns dos que serán os seus profesores durante os próximos meses nos que aprenderá a pilotar o novo avión de adestramento Pilatus P-31.

Como xa ocorrese o ano pasado, cando ingresou na Escola Naval Militar de Marín, a herdeira ao trono chegou en solitario. Non ocorreu o mesmo cando entrou na Academia Xeral do Aire de Zaragoza en 2023 para iniciar a súa formación militar. Entón, como adoita ser habitual cos alumnos de primeiro curso, a princesa estivo acompañada polos Reis e pola infanta Sofía.

A ministra de Defensa Margarita Robles visita a Academia Xeral do Aire e do Espazo días antes da incorporación da Princesa Leonor (Edu Botella / Europa Press) A ministra de Defensa Margarita Robles visita a Academia Xeral do Aire e do Espazo días antes da incorporación da Princesa Leonor (Edu Botella / Europa Press)

A princesa seguirá un plan de estudos xa estipulado que comezará cun mes de ensino teórico e unhas 50 horas de adestramento nun simulador antes de poder subir ao Pilatus C-21, a nova aeronave da academia.

O PC-21, un avión suízo de adestramento avanzado que foi elixido polo Exército do Aire para substituír o histórico C-101, xa foi pilotado o pasado mes de xuño polo rei, cando visitou a academia de San Javier.

Antes, a princesa de Asturias seguirá un plan de instrución aeronáutica, exactamente igual ao do resto de alumnos, nos simuladores, nunha primeira fase nos máis básicos e despois nos máis avanzados, que ofrecen unha visión de 180 graos e proporcionan unha experiencia de voo moi parecida á real e nunha cabina idéntica á do avión.

Nos últimos catro anos leváronse a cabo obras de mellora das instalacións na academia, entre elas a rehabilitación de cinco edificios de aloxamentos.

Na academia, a princesa finalizará a súa formación militar o próximo mes de xullo de 2026 do mesmo xeito que, 38 anos antes, fixo seu pai o rei, daquela príncipe Filipe, quen concluíu da mesma forma que o fará a súa filla maior os tres anos de instrución nas Forzas Armadas.

Leonor convivirá co resto dos compañeiros da 78 promoción da Academia e residirá nunha camareta con outras dúas compañeiras. Este último ciclo da súa formación militar rematará en xullo do ano que vén. Logo, a princesa de Asturias iniciará a súa formación universitaria, previsiblemente, igual ca seu pai, nunha universidade española.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade