Publicador de contidos

Publicador de contidos

A princesa Leonor volveu a Marín para participar nuns campionatos deportivos

A princesa Leonor volveu a Marín para participar nuns campionatos deportivos

A filla maior dos reis está participando nos campionatos deportivos de academias militares como membro do equipo da academia do aire San Javier, onde se está a formar 

G24.gal 04/10/2025 20:40

A princesa Leonor non tardou moito en volver a Marín. Dende o venres está na Escola Naval, pero desta vez será unha estancia máis curta ca última.

Leonor está competindo xunto aos seus compañeiros da Academia Xeral do Aire nos Campionatos Deportivos Interacademias que engloban as catro escolas militares.

Nunha das fotografías vese a princesa ca indumentaria da modalidade de esgrima. Polos resultados que ofrece a páxina oficial da competición, parece que non puideron obter ningunha medalla nesta disciplina.

A filla maior dos reis é unha dos 400 atletas que disputan este campionato que fai 25 anos. Unha tradición entre os membros do exército que nesta ocasión se celebra en Galicia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade