Cargando resultados...
Unha vintena de cans de utilidade poñen a proba as súas aptitudes en Friol
Durante a fin de semana celébrase o Campionato Rexional Zona Norte de traballo canino
G24.gal
10/01/2026 14:40
Última actualización 10/01/2026 15:48
Friol acolle esta fin de semana a celebración do Campionato Rexional Zona Norte de traballo canino, unha proba clasificatoria para a trixésima Copa de España da Real Sociedade Canina (RSCE).
Un total de 21 animais, todos pastores alemáns e belgas malinois, compiten en probas de obediencia, protección e rastrexo no campo de fútbol da Reigosa e na fortaleza de San Paio de Narla.
A modalidade, denominada IGP, vai dirixida a cans de utilidade. Nesta cita no concello lucense participan sete cadelas.