Publicador de contidos

Publicador de contidos

Chega a Xinzo de Limia o II Master a Lagoa de futbolín

Chega a Xinzo de Limia o II Master a Lagoa de futbolín

Máis de 300 persoas van pasar boa parte desta noite xogando ao futbolín en Xinzo de Limia

O campionato, avalado pola Federación Española, enche a vila de persoas afeccionadas

Afeccionados e profesionais de toda a Península pasan esta fin de semana xogando ao futbolín en Xinzo.
G24.gal 17/01/2026 20:46 Última actualización 17/01/2026 21:15

Xogadores e xogadoras de toda a Península participan no II Master a Lagoa. O evento enche a vila de afeccionados a este deporte tan noso.

Samuel e o seus tres amigos veñen desde Almería. Coma Samuel máis de 300 afeccionados están competindo esta fin de semana no pavillón de Xinzo de Limia. E veñen con ganas de gañar na terra do inventor deste xogo, que non pasa de moda. 

É un campionato puntuable para o torneo nacional e está avalado pola Federación Española de Futbolín en colaboraboración coa concellería de Deportes de Xinzo.

A aspiración da Asociación Futbolín A Limia é converter este torneo nun referente. Por iso, este ano tamén apostaron pola profesionalización a incorporación de novas ferramentas tecnolóxicas e dixitais para mellorar a experiencia competitiva. 

Un xogo que din engancha moito, porque semella doado, pero non o é tanto. E son poucas, pero cada vez hai máis mulleres que tamén compiten. O campionato continúa todo o domingo conta con 9.000 euros en premios e 120 trofeos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade