Publicador de contidos

Publicador de contidos

O reto de conseguir que dous millóns de persoas fagan exercicio en Galicia

O reto de conseguir que dous millóns de persoas fagan exercicio en Galicia

A Xunta colabora co Clúster do Deporte para fomentar un estilo de vida activo

Do 5 ao 11 de abril celebrarase a I Semana galega da Actividade Física e a Saúde

G24.gal 07/10/2026 20:05

A Xunta de Galicia e o Clúster Galego da Industria do Deporte e Benestar presentaron hoxe un protocolo conxunto para promocionar a actividade física e os hábitos de vida saudables entre a poboación: o Plan 2 Millóns. O obxectivo é que dous millóns de persoas en Galicia fagan exercicio de xeito habitual, co foco posto na saúde e nunha mellor calidade de vida da poboación. 

O Plan 2 Millóns artéllase arredor de cinco eixos estratéxicos, centrados na saúde e a comunidade, o deporte social, os espazos deportivos, a educación e formación e a contorna laboral. Para acadar esta meta, o plan aposta pola colaboración entre as administracións, o tecido deportivo, as empresas e as entidades sociais.

Este Plan leva asociada a celebración do que será a I Semana galega da Actividade Física e a Saúde. Un evento anual, que no 2027 terá lugar entre o 5 e o 11 de abril, e que contará con actividades nas que participarán concellos, centros educativos, clubs e outras entidades para achegar á cidadanía diferentes xeitos de facer deporte.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade