Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Máster de Futbolín de Sarria reparte 9.500 euros entre os gañadores

O Máster de Futbolín de Sarria reparte 9.500 euros entre os gañadores

Case medio millar de persoas participan nun campionato que celebra a XIV edición

G24.gal 01/11/2026 14:31

Celébrase esta fin de semana en Sarria o XIV Máster de Futbolín, un evento no que participan preto de medio millar de xogadores e que xurdiu da "tradición quee hai nesta vila de xogar a este deporte", segundo nos comentou Jonathan López, presidente da Asociación Sarria Futbolín.

Entre os asistentes hai xogadores procedentes de Mallorca, Santander ou León. Precisamente de Mallorca veu María Luisa Gracia, unha deportista porfesional que tivo unha lesión aos 35 anos e que se agarrou ao futbolín para ilusionarse novamente co deporte.

"No futbolín fas deporte e coñeces xente", coméntanos.

A competición remata este domingo. Nesta xúltima xornada dipútase a categoría feminina, con 24 parellas anotadas. Toda unha marca para este certame.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos