Publicador de contidos

Publicador de contidos

340 parellas participan en Sarria nun campionato de futbolín

340 parellas participan en Sarria nun campionato de futbolín

Os organizadores destacan que Sarria é unha vila na que este deporte está profundamente arraigado

Moitas das 340 parellas que se inscribiron nesta edición proceden de fóra de Galicia

G24.gal 02/11/2025 14:28

Hai 13 anos que Sarria acolle un máster de futbolín no que cada ano consegue maior implicación, e non só de xente da vila, senón que moitas das 340 parellas que se inscribiron nesta edición proceden de fóra de Galicia.

"A afección a este deporte en Sarria é moi grande", segundo o organizador, Jonathe López.

Á xente da vila gústalle xogar ao futbolín, pero os 9.000 euros que se repartiron en premios tamén supoñen un importante incentivo para os participantes nun campionato dun deporte que está rexistrado dende o 1937. Ese foi o ano no que Alexandre de Fisterra patentou o futbolín. A idea do xogor do futbolín discurriuna despois de estar ingresado nun hospital de Barcelona onde cadrou con outros nenos que, coma el, non podían xogar ao fútbol polas feridas sufridas tras quedar sepultado nun bormbardeo da Guerra Civil.

A Alexandre de Fisterra chegoulle despoisespois o exilio en Francia e en América, onde empezou a fabricar e mellorar o deseño dos futbolins.

A sopresa chegoulle cando na Transición volveu a España e comprobou que aquí era un xogo estendido e exitoso, e que as fábricas de xoguetes se apropiaran da súa invención, do seu xogo, a carón do que se organizan centos de campionatos coma o desta fin de semana de Sarria.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade