Publicador de contidos

Publicador de contidos

Filipe VI destaca na Pascua Militar o compromiso de España coa orde global baseada en normas

Filipe VI destaca na Pascua Militar o compromiso de España coa orde global baseada en normas

Os reis e a princesa Leonor presiden a cerimonia no Palacio Real, en que non participou o presidente do Goberno por estar nunha reunión sobre Ucraína en París

Robles avisa que non hai accións lexítimas posibles fóra do marco xurídico internacional

Feijóo considera un "desplante o Exército" a ausencia de Sánchez na Pascua Militar

Celebración da Pascua Militar (EFE/J.J. Guillén)
G24.gal 06/01/2026 09:49 Última actualización 06/01/2026 13:51

Filipe VI destacou este martes o compromiso de España coa seguridade internacional, o multilateralismo e coa orde global baseada en normas no seu discurso con motivo da Pascua militar, no que falou da sensación crecente de ameaza que deixa 2025, con guerras, crises e traxedias humanitarias.

Un discurso no que non fixo mención á operación dos Estados Unidos en Venezuela e no que subliñou, ante os múltiples conflitos bélicos e crises e a "ameaza" que chega ao corazón de Europa, o valioso que é contar cunhas Forzas Armadas cun alto grao de formación e adestramento e uns recursos humanos e materiais que estean á altura dos desafíos.

Os reis e a princesa Leonor presiden a cerimonia da Pascua Militar no Palacio Real, un solemne acto castrense que reúne á cúpula dos tres exércitos e da Garda Civil e á que non asistiu nesta ocasión o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, xa que asistirá en París a unha reunión da Coalición de Voluntarios para Ucraína.

Si contou coa presenza dos ministros de Defensa, Margarita Robles, e de Interior, Fernando Grande-Marlaska. 

Robles avisa que non hai accións lexítimas posibles fóra do marco xurídico internacional

A ministra de Defensa, Margarita Robles, advertiu este martes, tras o ataque estadounidense a Venezuela (aínda que sen nomealo expresamente), a necesidade de respectar o ordenamento xurídico internacional, fóra de cuxo marco "non hai actuacións lexítimas posibles", dixo.

Así o sinalou Robles no seu discurso con motivo da celebración da Pascua Militar.

A ministra insistiu en que España é "un socio serio, responsable, fiable e comprometido" nos marcos internacionais aos que pertence, en defensa da paz, a seguridade e os valores democráticos que han de presidir a convivencia pacífica internacional.

E tras lembrar que máis de 175 militares españois faleceron en misións internacionais de mantemento de paz, dixo "humildemente": "non damos leccións a ninguén, pero tampouco as aceptamos nese compromiso que España ten".

Feijóo considera un "desplante o Exército" a ausencia de Sánchez na Pascua Militar

O líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, criticou este martes a ausencia do presidente do Goberno, Pedro Sánchez, na celebración da Pascua Militar, o que considerou "un novo desplante" o Exército por parte do máximo representante do Executivo.

"Un presidente digno do seu país debería estar co xefe do Estado nun día como o de hoxe", sinalou Feijóo nunha mensaxe na rede social X.

"España merece unha persoa á fronte do Goberno á altura dos profesionais que defenden a seguridade de todos os cidadáns desde as Forzas Armadas. E teraa", agregou.

Sánchez viaxou este martes a París para participar nunha nova reunión da Coalición de Voluntarios para Ucraína, unha cita convocada polo presidente francés, Emmanuel Macron, para consolidar o apoio a Kiev, no medio da conmoción internacional polo ataque dos Estados Unidos en Venezuela.

Pascua en Galicia

En Galicia o acto central da Pascua militar foi en Coruña. Alfonso Rueda e Diego Calvo asistiron á celebración na que se puxo en valor o labor das forzas armadas en traxedias como a DINA ou os incendios e tamén durante o apagamento. Ademais reivindicouse a necesidade dunhas forzas profesionalizadas ante un escenario internacional incerto.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade