Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rondallas e ranchos volveron animar a tradicional feira de Reis en Redondela

Rondallas e ranchos volveron animar a tradicional feira de Reis en Redondela

A feira celébrase os días 6 e 21 de cada mes, pero a da mañá de Reis é especialmente concorrida

O Rancho de Reis das Cortellas desfilou en Redondela
G24.gal 06/01/2026 14:58 Última actualización 06/01/2026 16:06

A banda sonora máis tradicional da mañá de Reis en Redondela póñena as rondallas e os ranchos. Desfilan polas rúas cada seis de xaneiro. Fan gala dunha tradición folclórica específica da zona, e específica destas datas. 

"Son as danzas de Reis, que se bailan só no Nadal, especificamente o día de Reis" explica Alba Amoedo, do Rancho de Reis das Cortellas. "Consérvanse nesta zona sur de Galicia -di- e nós bailamos arcos, palillos e castañolas".

Teñen moito arraigamento aquí e, malia que foron indo a menos por falta de relevo, agora parece que van rexurdindo. "Vese moita xente nova agora nas rondallas, iso dá ánimo e esperanza", di unha veciña.

E de fondo celebran a tamén tradicional feira de Reis. Ten cousa de 150 postos, e moitos -sobre todo se o tempo acompaña- cumpren coa tradición de vir mirar e comprar no feirón.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade