O Rosalía de Castro concentra case o 60% dos voos en Galicia na última fin de semana de agosto
Programados 200 voos na Lavacolla coincidindo co remate das vacacións de agosto
"Si, final das vacacións, toca rematar o verán"
"Comezo de vacacións, a Mallorca"
Neste último día de agosto, os aeroportos son unha encrucillada para quen remata as vacacións e para quen as comeza xusto agora. Entre saídas e chegadas, hai 66 voos programados este domingo no aeroporto Rosalía de Castro de Santiago.
"Acábanse as vacacións, mañá comezamos a traballar. Estivemos en Sevilla e fixemos parada en Conil"
"Fatal, mañá traballo, pero coas pilas cargadas"
"Eu teño que traballar mañá, os meus amigos aínda seguen de vacacións. Os ánimos ben, pero mañá vai ser forte"
Desde o venres, hai 200 voos programados na Lavacolla, coincidindo co final das vacacións de agosto. Aínda así, este número queda por debaixo do de veráns anteriores nestas mesmas datas, cando había máis de 80 operacións por xornada.
Con todo, o de Santiago segue concentrando o groso do tráfico aéreo en Galicia, con case o 60 por cento dos 343 voos desta fin de semana.