Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sae da UCI un dos seis feridos no atropelo múltiple da Coruña

Sae da UCI un dos seis feridos no atropelo múltiple da Coruña

Este paciente atópase agora en planta, así como as outras tres mulleres que seguen ingresadas polo mesmo accidente. "Evolucionan todos favorablemente", confirmaron fontes do Chuac

G24.gal 03/09/2025 13:28

Un dos homes feridos no accidente múltiple e intencionado ocorrido o 27 de agosto no centro da Coruña saíu da Unidade de Coidados Intensivos (UCI), segundo informaron desde o Complexo hospitalario universitario da Coruña (CHUAC).

Este paciente atópase agora en planta, así como as outras tres mulleres que seguen ingresadas polo mesmo accidente. "Evolucionan todos favorablemente", confirmaron as mesmas fontes.

O pasado mércores ás 12:15 horas, seis persoas foron atropeladas por un vehículo na rúa Juana de Vega cando os peóns estaban a cruzar debidamente por un paso. A vítima máis nova foi unha nena nada en 2021 e a maior, un home de 1950.

O condutor responsable do suceso foi detido e practicáronselle as correspondentes probas de drogas e alcol. Posteriormente, foi ingresado no Hospital de Oza baixo vixilancia policial para ser examinado polo persoal sanitario para a súa avaliación médica e psiquiátrica.

Nacido en 1974 e con domicilio na Coruña, o home estaba aparcado nunha área reservada da citada rúa e arrincou o coche cando as persoas comezaron a cruzar, segundo o mesmo recoñeceu aos axentes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade