Identificado o condutor que atropelou dúas persoas durante unha protesta en Cangas
A Garda Civil está a investigar o atropelo e de momento aínda non practicou ningunha detención
Os atropelados son unha muller de 71 anos e un home de 60 que presentan feridas "de diversa consideración"

A Garda Civil xa ten identificado o condutor do vehículo que o sábado atropelou dúas persoas que participaban nunha protesta por melloras sanitarias na vila pontevedresa de Cangas e que se deu á fuga, pero de momento non houbo ningunha detención.
O suceso produciuse na estrada EP-1005, na localidade do Hío, cando un grupo de persoas participaba nunha protesta para esixir melloras no centro de saúde, e o condutor está identificado desde o principio, segundo confirmou a Garda Civil.
Os axentes da Benemérita está "a practicar as dilixencias oportunas" para investigar como ocorreron os feitos e polo momento non hai ningún detido.
O condutor parou cando un grupo de veciños que realiza periodicamente protestas para esixir melloras no seu centro de saúde ía cruzar o paso de peóns, pero despois emprendeu a marcha e levou por diante dúas persoas.
Os atropelados son unha muller de 71 anos e un home de 60 que presentan feridas "de diversa consideración".