Publicador de contidos

Publicador de contidos

Morre un motorista nunha colisión contra un turismo en Outeiro de Rei

Morre un motorista nunha colisión contra un turismo en Outeiro de Rei

O piloto, que saíu despedido polo aire varios metros, foi trasladado con vida ao Hula, pero xa non conseguiron reanimalo

O condutor do turismo, un home de idade avanzada, tamén resultou ferido

G24.gal 19/10/2025 02:39 Última actualización 19/10/2025 09:24

Un motorista faleceu este sábado tras chocar de fronte contra un turismo na estrada N-6, á altura de San Martiño de Guillar, no concello de Outeiro de Rei. O sinistro produciuse pasadas as oito do serán, fronte a un restaurante da zona, no quilómetro 508.

Segundo contaron varias testemuñas, foi un impacto moi violento e o condutor da moto saíu despedido polo aire, varios metros. Unha ambulancia trasladouno aínda con vida ao hospital Lucus Augusti, pero xa non puideron facer nada por salvarlle a vida pola gravidade das feridas.

O condutor do turismo, un home de idade avanzada, tamén quedou ferido e foi evacuado ao hospital. A estrada permaneceu cortada máis de dúas horas e a circulación tivo que se desviar pola vía de servizo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade