Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un muíño recuperado na Terra Chá vende trigo galego e ofrece servizo de moenda

Un muíño recuperado na Terra Chá vende trigo galego e ofrece servizo de moenda

"Non damos feito por tanta fariña como nos demandan", comenta o seu xerente

G24.gal 18/10/2025 21:37 Última actualización 18/10/2025 22:09

Dende hai catro meses funciona na Terra Chá o muíño de Coea, no concello de Castro de Rei, un espazo comprado e recuperado polos sogros do seu xerente, Óscar Miranda, nun xesto nostálxico por recuperar un espazo que levaba pechado cincuenta anos.

Ofrece dous tipos de servizo: a venda de trigo de variedades galegas, entre 1,50 e 1,80 euros o quilo, e, tamén, a moenda, pola que se cobra a 0,40 euros o quilo.

O muíño toma a auga do río Azúmara e vértea ao Miño. Ten dúas moas, unha para a moedura de uso culinario e a outra para a destinada á alimentación animal.

Construíuse en 1700 e coa rehabilitación integral que se lle fixo está preparado para seguir traballando por séculos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar