Publicador de contidos

Publicador de contidos

Aparece un coche accidentado en Portas pero non se sabe do condutor

Aparece un coche accidentado en Portas pero non se sabe do condutor

O coche apareceu envorcado e atravesado na estrada de entrada á aldea

A Garda Civil investiga o accidente para identificar quen conducía o vehículo

G24.gal 18/10/2025 21:05

Os veciños de Fontenla, en Portas, descubriron esta mañá un coche envorcado na estrada que, despois de bater nun valado, foi parar contra un poste. Dentro non había ninguén e a Garda Civi investiga como se produciu o sinistro e por que o condutor abandonou o vehículo.

"Encontrei o coche envorcado, sen ninguén dentro e non se sabe de quen é o coche. Debía vir a bastante velocidade, porque para pegar aquí e dar volta ata ir bater ao poste..." asegura un veciño

Ao non ser á beira das casas, os veciños non escoitaron golpe de noite e tampouco saben como puido marchar do lugar o condutor sen dar ningún tipo de aviso para que retirasen o vehículo. Non hai constancia de que alguén quedase ferido e pola posición do coche parece que o condutor tivo que saír pola ventá do acompañante.

Efectivos de Protección Civil de Portas e da Garda Civil de Tráfico acudiron á zona ata a chegada dun guindastre. A investigación determinará quen conducía e como foi o accidente.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade