Publicador de contidos

Publicador de contidos

Nos Ancares advírtese a pegada xeolóxica que deixaron os glaciares na zona

Nos Ancares advírtese a pegada xeolóxica que deixaron os glaciares na zona

Unha vintena de persoas participan nunha ruta que permite achegarse á orixe deste territorio

G24.gal 18/10/2025 20:20 Última actualización 18/10/2025 20:33

Coñecer Cervantes desde un punto de vista xeolóxico é outro xeito de afondar na historia desta zona. O concello lugués, no límite con León, permite contemplar desde os mil seiscentos metros de altitude que ten o porto dos Ancares, a orixe deste terreo. 

"Todas estas alturas xa as coñecía desde nena pero desde que empezamos a facer estas rutas con Fran desde un punto de vista xeolóxico, si que aprendín a miralas con outros ollos", di unha das mulleres que participa na ruta.  

"A xeoloxía é outra forma de ver a paisaxe, de afondar e saber outras cousas" engade a súa compañeira. 

O percorrido está dirixido polo xeólogo Fran Canosa. A iniciativa, impulsada por varias entidades, pon en valor a importancia desta zona de montaña. Explica o divulgador que "estas montañas que estamos vendo formáronse hai 350 millóns de anos e outras son resultado da formación dos Alpes", curiosidades que quedan plasmadas na terra e que rutas coma esta poñen de manifesto. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade