Ruta teatralizada polas covas de Vilamartín de Valdeorras
É un dos concellos onde se conservan máis contrucións deste tipo, escavadas na terra ou rocha para conservar o viño e os inxertos
Crisanto é coveiro e inxertador. Cargado de retranca, guía aos visitantes pola historia e o patrimonio de Vilarmartín de Valdeorras. Xunto a outras personaxes afondará na importancia das covas no día a día dos veciños desta zona. Construcións singulares, escavadas na terra, onde a temperatura é sempre fresca.
Descoñécese de cando son, pero si se sabe que naceron ligadas a elaboración e conservación do viño. Tamén dos inxertos que permancían a escuras nestas grutas ata que se ían vender ás feiras.
Sherezade Núñez, tenente de alcalde de Vilamartín, subliña que aínda non hai un inventario de todas as covas que existen no concello pero estímase que son entre 300 e 400.
Moitas quedaran en desuso aínda que a actividades como esta visita teatralizada, organizada pola Ruta do Viño de Valdeorras, ou a Festa das Covas, que xa vai para as tres décadas de celebración, conseguiron espertar o interese por estas edificacións únicas.
En todo Valdeorras existirían máis dun milleiro.