Publicador de contidos

Publicador de contidos

O CICA-UDC investiga a aplicación dos MOFs en sistemas de refrixeración libres de gases

O CICA-UDC investiga a aplicación dos MOFs en sistemas de refrixeración libres de gases

Estes materiais son capaces de capturar gases, catalizar reaccións ou almacenar enerxía cunha eficiencia sen precedentes

G24.gal 18/10/2025 19:12 Última actualización 18/10/2025 20:01

O Premio Nobel de Química recoñeu unha das revolucións máis transcendentes da ciencia de materiais, a das redes organometálicas, coñecidas como MOF. Estas estruturas están cambiando a maneira na que almacenamos, transportamos e transformamos a enerxía e son as protagonistas dalgunhas das investigacións que desenvolven no Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía da Universidade da Coruña.

Os MOF son estruturas metalorgánicas con cavidades microscópicas capaces de almacenar outras substancias.

"Nestes ocos nos poden almacenarse cousas moi pequenas ou xogar con elas para que entren ou saian da estrutura dunha forma controlada", explica a investigadora do CICA Socorro Castro.

Estes materiais permiten un deseño a medida e aplicacións moi diversas. Poden utilizarse, por exemplo, para capturar e reter gases contaminantes, para extraer auga do aire ou para purificar líquidos. Tamén para almacenar enerxía de forma limpa cunha eficiencia sen precedentes. No CICA descubriron a propiedade respirocalórica dun MOF.

"É un MOF que ten este peculiar movemento no que expande ou contrae os poros en función da presión do CO2. Nós podemos presurizar este material, o cal  cambia a súa estrutura anivel molecular e ademais adsorbe ou desorbe este gas. Durante este proceso prodúcense grandes cambios térmicos que poden usarse para arrefiar ou quentar", explica Juan Manuel Bermúdez, outro dos investigadores do Centro Interdisiciplinar de Química e Bioloxía.

Traballan en prototipos de aire acondicinado limpos e, en colaboración co CHUAC, desenvolven unha neveira intelixente para o transporte de órganos que non precise do xeo.   

"O xeo libera o frío de maneira inmediata no momento en que o sacas do conxelador. No noso sistema podemos controlar en todo momento cando queremos liberar a carga do frío, só no momento en que o órgano o demanda", detalla Bermúdez.

No Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía da UDC traballan máis de trescentos investigadores nas áreas de biomedicina, nanociencia e alimentación, contaminación e saúde.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade