Publicador de contidos

Publicador de contidos

Piornedo acolle un curso de teitado de pallozas para que non desaparezan da paisaxe

Piornedo acolle un curso de teitado de pallozas para que non desaparezan da paisaxe

Cada vez é máis complicado atopar quen se ocupe de renovar a cuberta destas vivendas de orixe prerromana

G24.gal 18/10/2025 20:26 Última actualización 18/10/2025 21:10

As pallozas son das vivendas máis antigas que se conservan. De orixe prerromana, no concello de Cervantes aínda se manteñen algunhas, agora utilizadas basicamente como almacén.

Toman o nome do teito que as cobre, complicado de conseguir e de instalar. No Piornedo están impartindo un curso para que non se perdan. Collemos a Juan González en plena faena. Está ensinando varios aprendices a teitar unha palloza. Ve difícil encontrar remuda.

"É un oficio complicado porque estás todo o día nunha posición incómoda, é difícil conseguir o produto, sae caro e o dono, sen axudas non pode afrontar o gasto", asegura.

Os aprendices Manolo, Ovindo e Daniel entenden a importancia do oficio. As pallozas son a imaxe máis simbólica do Piornedo e os veciños traballan na súa recuperación.

"Botamos centeo para conseguir os colmos e para que non se perdan os saberes que hai sobre o seu cultivo", conta Lola López, da asociación Teitadores do Piornedo.

Son os organizadores deste curso. Queren protexen as súas pallozas, un obxectivo para o que reclaman axudas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos