Publicador de contidos

Publicador de contidos

Día grande do San Froilán, en Lugo

Día grande do San Froilán, en Lugo

Unha data que marca o outono galego pola súa tradición cultural e gastronómica

Desde esta fin de semana ata o día 12, o domingo das mozas, Lugo está de festa

G24.gal 05/10/2025 14:31 Última actualización 05/10/2025 16:59

Durante máis dunha semana, o San Froilán chega a Lugo con máis de 200 actividades festivas, á metade delas musicais. As Tanxugueiras onte ou Xoel López esta mesma noite son un reclamo que chama pola xente.

"Houbo moita xente nos concertos porque había concertos moi vistosos e hoxe é o propio día e agardamos que se achegue moita xente, mañá é festivo en Lugo" explica Maite Ferreiro, concelleira de Cultura.

Á par das actividades culturais, para a hostelería luguesa estes son os seus días grandes. Non só se benefician as tres casetas do polbo, tamén os bares e restaurantes que instalan os caldeiros na rúa, os 23 postos de artesanía e gastrotomía que expoñen os seus produtos, ou os feirantes que chegan á cidade con 29 atraccións e postos de venda. 

"Todo o sector da hostalería e hoteis acollen xente. Tamén os artesáns que veñen vender os seus traballos, a xente que participa en Gastroarte. E tamén a xente das barracas, que gaña e gasta en Lugo. Polo tanto, é unha inxección e un traspaso económico moi importante", asegura Ferreiro.

En total máis de 200 persoas traballan estes días na feira, que é tamén escaparate da produción autóctona que se fai ao longo do ano.

 

Día de ofrenda ao patrón, nunha festa que mantén a tradición

Unha vaca feriu unha muller durante o desfile

A xornada deste domingo tamén estivo marcada por un accidente durante o desfile do gando. Unha das vacas que participaba asustouse co barullo e escapou á carreira entre os transeúntes sen que o seu manexador conseguise controlala. 

A consecuencia da algarabía deste animal, outra vaca golpeou unha muller de mediana idade, que tivo que ser trasladada ao hospital de Lugo cunha ferida na cabeza. Permanece ingresada en estado grave.

Tamén foi atendida no lugar unha cativa, que co nerviosismo de ver a vaca ceiba caeu ao chan. As súas feridas foron leves.

Imaxes cedidas por El Progreso (Sebas Senande)

A xornalista desta casa, Cristina Lombao, foi a encargada de ler o pregón dende o balcón da praza maior

E para comer, Lugo no San Froilán

O polbo é o prato básico da festa pero hai churreiras que levan máis dun século na feira, castañas asadas ou rosquillas que manteñen a tradición.

O San Froilán, unha feira de gando desde 1754

Os gandeiros comercializaban cos animais e os labregos chegaban en carros de vacas e cabalería para vender os excedentes do verán.

O prato tradicional do San Froilán era a anguía, pero cando empezou a escasear cambiouse polo polbo. Hai 150 anos que temos referencia documental das casetas arrimadas á muralla. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade