Publicador de contidos

Publicador de contidos

Extazy, a atracción extrema que triunfa no San Froilán

Extazy, a atracción extrema que triunfa no San Froilán

Este carrusel único en España, que combina unha altura de vertixe con xiros a gran velocidade, é a sensación do feiral lucense

Extazy, a atracción do San Froilán que desafía a gravidade e asegura emocións extremas
Beatriz Sánchez 02/10/2025 14:28

Impresiona vela e triunfa en toda España como a atracción máis extrema. É a sensación do feiral de San Froilán. Está situada na parte baixa do parque Rosalía de Castro e combina altura, velocidade e xiros de 360 graos. 

Un desafío só apto para os amantes das emocións fortes. O seu propietario, Saul Olivar, explica as característimas de Extazy:

"Ten corenta metros de altura, acada os cento trinta quilómetros por hora, unha forza de seis G que che leva ao límite do corpo".

As imaxes a bordo impresionan. O Extazy é unha experiencia intensa. Un desafío que atrae sobre todo a un público mozo.

"Ao principio dáche como vertixe, cando está arriba e miras para abaixo, pero é superguai. Si, a min gustoume".

Outra das barracas máis visitadas do San Froilán 2025 é a Nora, que regresa tras doce anos ausente. Cos seus corenta e cinco metros de altura ofrece vistas espectaculares do feiral e do río Miño.  

Con decenas de carruseis, a oferta é ampla e variada para subir a adrelanina.

"Gustoume moito a atracción, foi moi divertida. A ela deulle moito medo".

"Moi rápida pero gústame, moita adrenalina". 

Non faltan os carruseis infantís de toda a vida e as tómbolas con premio seguro.

Miro Fernánez leva anos traendo a súa tómbola ao San Froilán.

"Estamos coa Play cinco, este ano a Nintendo Switch, tamén ven a Thermomix última xeración, toda a electrónica, patinetes e o último en peluches".

O feiral lucense é tamén gran bazar. A diversión está a asegurada para toda a familia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade