Publicador de contidos

Publicador de contidos

Por segunda vez nun mes, un coche cae na curva "trampa" de Cangas

Por segunda vez nun mes, un coche cae na curva "trampa" de Cangas

A calzada, de pouco máis de dous metros, ten dobre sentido e paso de peóns

Piden que se ensanche o espazo e que sexa de dirección única 

G24.gal 02/10/2025 14:40

Volveu pasar. A condutora da furgoneta, malia coñecer o trazado, quedou con medio coche fóra. Non é a primeira e temen que non sexa a última.

"O problema é que hai un desnivel da rúa, que está sen valado e sen nada. Ves por aí e, ademais de ser estreito, podes caer se andas despistado, que foi o que lle aconteceu ao coche do outro día".

"O trazado é un pouco raro. É unha curva irregular e tes que ir moi pegadiño á parede porque, como te peches un pouco, podes ir a abaixo co coche".

"Iso é un camiño de carros, non é de coches".

É o segundo coche que cae no mesmo punto nun mes e, aínda menos mal, porque a rúa das Segadas, en Cangas, leva máis tráfico do que poida aparentar e tamén do que pode soportar.

"Aí vive moita xente e para saír á estrada principal hai que saír por aí. Non queda outra".

"Porque dá a volta a dúas rúas e aí enriba hai unha rotonda pequeniña e soen saír ou por un lado ou polo outro".

"Todas as vivendas por aí arriba, todas teñen coche".

Vivendas, o aparcadoiro dun supermercado e vía de servizo dende unha das arterias principais da vila, a avenida de Vigo. Unha calzada de pouco máis de dous metros, na que teñen que convivir coches en dobre sentido con peóns.

Como o fan? Fácil non é.

"É complicado pero é o que hai. Dar marcha atrás e deixar pasar a outro, o que teña preferencia".

"Prefiro non usar este camiño. Aparco no aparcadoiro do supermercado por ser de dobre dirección".

A veciñanza pide medidas antes de que pase algo máis grave.

"Hai que ampliar o terreo, poñer dirección única e un bordillo".

Curiosamente, póñenlle voz ao problema os que están de paso, porque os que viven ao pé da curva padéceno, pero confesan que xa lle teñen collida a medida.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos