Aumenta o censo de animais de compañía en Galicia
Cada vez máis persoas apostan por incluír unha ou varias mascotas dentro do seu núcleo familiar. Unha tendencia que avalan as cifras: en Galicia rexístranse diariamente 177 altas de animais de compaña.
Rubén e a súa parella podería dicirse que son familia numerosa. Os seus fillos adoptivos son dez gatos, que son moito máis que as súas mascotas.
Un compromiso que require tamén de moitos coidados. Alimentación, veterinario ou microchips. Un desembolso económico que agora mesmo poden afrontar.
O rexistro de animais de compaña bateu récords de inscricións este ano. Esta tendencia á alza tamén a están a notar nas tendas de mascotas.
No que levamos de ano, rexistráronse en Galicia algo máis de 47.000 animais de compañía. Datos que contrastan co número de bebés nados neste primeiro semestre do ano, algo máis de 6.500.
Esta tendencia confirma que o censo de animais xa supera amplamente as cifras de natalidade na nosa comunidade.