Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Parque do Recordo, esoutro cemiterio para mascotas

O Parque do Recordo, esoutro cemiterio para mascotas

Culleredo acolle o único espazo memorial para mascotas en Galicia

G24.gal 30/10/2025 14:24

Hai cemiterios que non atopamos nos mapas. Lugares onde non se enterra, pero si se honra. Aquí non hai lápidas, pero si nomes gravados na memoria. O parque do recordo é esoutro cemiterio. Di Patricia Montejo, xerente do crematorio de mascotas que cada vez máis as mascotas son son membros da familia. "Sabemos que en humanos esta opción existe, e por iso nós tamén queriamos ofrecela".

Nun crematorio de mascotas gárdanse cinzas en nichos que se alugan, e urnas que esperan o seu destino final. É como un paso de transición, porque, segundo comenta a xerente, "hai xente que non está preparado para levar para a casa inmediatamente as cinzas, e por iso deciden telas aquí un tempo e despois elixen un destino soterralas, ou levalas".

O Parque do Recordo recibe visitas nestas datas, pero non só o un de novembro, senón tamén o 27 de outubro, data simbólica en que, din, as mascotas volven para acompañarnos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade