A representación de "Don Juan Tenorio" leva o teatro ao camposanto de Lugo
A montaxe, a cargo dos integrantes da escola de Palimoco Teatro, tivo que levarse a cabo na capela por mor da chuvia
Xa é unha tradición cando se achega a festividade de Todos os Santos. No cemiterio de San Froilán en Lugo, a Escola Palimoco, representa a obra de Don Juan Tenorio, unha iniciatica organizada polo Concello. Unha experiencia teatral nun escenario único.
"O Don Juan é unha obra bastante boa para representar nun cemiterio, dá moito xogo", di Area López, membro de Palimoco Teatro.
"Mellor escenario ca este para facela non hai, a escenografía son os propios corpos dos rapaces e tamén a propia contorna. Este cemiterio de Lugo recibiu varios premios pola marabilla que é", afirma Paloma Lugilde, da Escola Palimoco.
Desta volta a chuvia obrigou a trasladar a obra ao interior da capela.
"Imos ver unha obra adaptada a todos os públicos", comenta Maruxa Bruña, tamén membro de Palimoco.
"Quixemos vir ao cemiterio para escoitar e acompañar a xente que está aquí", conclúe Paloma Lugilde.