Falece Hector Alterio aos 96 anos, un actor imprescindible da escena arxentina e española
Deixa no recordo a súa interpretación en El hijo de la novia, La historia oficial ou La Patagonia rebelde
Con máis de 90 anos aínda nos contou Una pequeña historia enriba das táboas
Foise unha voz que resoaba no teatro e no cine con acento arxentino e silencios cheos de emoción. Debutou como actor en 1948 coa obra Prohibido suicidarse en primavera e traballou pola anovación da escena arxentina durante a década dos 60. Alí formou parte na nova xeración de cineastas ata que en 1975 tivo que exiliarse en España despois de ser ameazado de morte pola Triple A. Desde entón compaxinou a súa participación en filmes dun e doutro lado do Atlántico, La tregua (1974), Camila (1984), La historia oficial (1985), que levou un Oscar e El hijo de la novia (2001) son algunhas das súas películas que os espectadores manteñen no recordo.
Con figuras como Jaime Chávarri, participou en A un dios desconocido, coa que obtivo a Concha de Prata do Festival de San Sebastián, en El crimen de Cuenca, de Pilar Miró ou El nido, de Jaime de Armiñán, candidata ao Oscar en 1980. En 2008, A Arxentina recoñeceuno co Cóndor de Prata pola súa traxectoria cinematográfica.
Pai dos intérpretes Ernesto e Malena Alterio o actor recibu o Goya de Honor en 2004 das súas mans e seguiu nos escenarios contando historias que cativaban o público. Este sábado a produtora da súa última obra, Pentación Espectáculos, comunicaba a súa morte, recordando unha vida dedicara á arte, e á familia.