Publicador de contidos

Publicador de contidos

Morre en Ourense o coñecido como o neno lobo de Serra Morena

Morre en Ourense o coñecido como o neno lobo de Serra Morena

Abandonado no monte con sete anos, Marcos Rodríguez, conviviu durante once cunha manda de lobos

Adicou os últimos anos da súa vida a difundir o amor pola natureza e a biodiversidade

G24.gal 17/08/2026 21:12 Última actualización 17/08/2026 21:33

Ouveaba como un lobo e sabía distiguir os diferentes sonidos para comunicar perigo ou chamar a manda. Unha loba adoptouno cando con só sete anos quedou abandonado na Serra Morena ao desaparecer o cabreiro ao que axudaba.  

"Deu unha volta, quedou mirando para min que estaba encollido nunha rocha chorando. Trouxome un anaco de carne de deixouno ao meu carón. Lambeume o sangue e eu collina do pescozo e comecei a bicala. Deume o que precisaba, cariño", é o relato que facía Marcos Rodríguez Pantoja hai uns anos para Televisión de Galicia. O encontro coa loba que lle salvou a vida e o integrou na súa manda. 

Conviviu once anos cos animais do monte, unha historia plasmada na película Entrelobos. Cando o rescataron, xa mozo, non sabía nin falar, nin relacionarse cos humanos, nin andar ergueito.  O primeiro que fixo a Garda Civil foi levalo ao barbeiro.

"O barbeiro comezou a afiar a navalla e pensei que me ía degolar. Boteime a el polas costas e comecei a morderlle a roupa", relataba naquela entrevista.

  A vida de abusos e miserias que o levou a ser maltratado e abandondo de neno non mellorou no seu reencontro coa sociedade.

"Fixéronme tantas cousas malas. Enganáronme tantas veces que eu pensaba que todo o mundo era malo. Agora sei que non, que hai persoas boas e mala como hai animais bos e malos".

Chegou a Ourense da man dunha desas boas persoas e logo atopou outras. Aquí reconciliouse co ser humano e aquí pasou os seus últimos anos de vida axudando a difundir o amor pola natureza e a biodiversidade. Marcos, o neno lobo de Serra Morena, nunca esqueceu a súa nai loba.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos