Tres casos de sarampelo confirmados en Galicia, dous deles ligados ao detectado en xullo
A Consellería remarca que o risco para a poboación galega continúa sendo "moi baixo"
Europa Press-Arquivo
A Consellería de Sanidade ratificou este luns que hai tres casos confirmados de sarampelo no ano 2026, un corresponde ao inicial notificado o 23 de xullo, con orixe "probablemente importada". Os outros dous casos correspóndense a contactos estreitos deste caso inicial e, por tanto, considéranse relacionados coa importación.
A Consellería remarca que o risco para a poboación galega continúa sendo "moi baixo" e lembra que o sarampelo é unha enfermidade moi contaxiosa que se prevén de forma moi eficaz mediante a vacinación.
De feito, a vacina, incluída no calendario sistemático de vacinación, é a principal medida de protección individual e colectiva. Finalmente, Sanidade destacou que Galicia "mantén elevadas coberturas de vacinación infantil fronte ao sarampelo", máis do 95%, e dispón dun sistema de vixilancia epidemiolóxica que permite "detectar precozmente os casos e actuar con rapidez para limitar a posible transmisión".