Falece Vicente Gómez, alcalde de Castrelo do Val, aos 72 anos
O político socialista gobernaba o municipio ourensán desde 2005
PSdeG
O alcalde socialista de Castrelo do Val, Vicente Gómez, faleceu este pasado xoves aos 72 anos, tras máis de 20 anos co bastón de mando, desde o 2005.
Diso informou o Grupo Provincial do PSdeG-PSOE de Ourense a través dun comunicado, trasladando o pésame a familia, amigos, compañeiras e compañeiros da agrupación local e á veciñanza do municipio.
Vicente Gómez iniciou a súa carreira política a finais da década dos 80; obtivo a alcaldía de Castrelo do Val, o seu municipio natal, en 2005, e asumiu a substitución do exalcalde socialista Raúl Fernández.
"Desapareceu un referente do municipalismo socialista ourensán e un servidor público que dedicou boa parte da súa vida ao progreso do seu concello e á defensa dos intereses da cidadanía", trasladaron desde o partido, destacando un rexedor caracterizado pola súa proximidade, capacidade de diálogo e un profundo coñecemento da realidade do territorio,
"O seu legado permanecerá na memoria do socialismo ourensán e de todas as persoas que compartiron con el anos de traballo e compromiso coa vecinanza", sinalou o secretario provincial do PSdeG de Ourense, Álvaro Vila, recoñecendo a calidade humana, compañeirismo e permanente disposición a colaborar de Gómez.