Extinguido o incendio forestal do Riós, en Ourense, tras calcinar máis de 28 hectáreas
Para a súa extinción mobilizaron tres técnicos, 22 axentes, 30 brigadas, 21 motobombas, tres pas, tres helicópteros e sete avións
Europa Press
O incendio forestal do concello ourensán do Riós, parroquia de Fumaces e A Trepa, quedou extinguido tras calcinar 28,21 hectáreas segundo informou a Consellería do Medio Rural.
O lume quedou extinguido preto das sete e media da tarde deste luns tras iniciarse o sábado ás 16.54 horas. As lapas calcinaron 28,21 hectáreas --18,71 de monte raso e 9,5 de arboredo--.
Para a súa extinción mobilizaron tres técnicos, 22 axentes, 30 brigadas, 21 motobombas, tres pas, tres helicópteros e sete avións. A Consellería lembrou que os cidadáns ten ao seu dispor o número de teléfono gratis 085, para chamar en caso de detectar algún incendio forestal.