Publicador de contidos

Publicador de contidos

Cambre recrea o seu propio belén vivente cun cento de veciños

Cambre recrea o seu propio belén vivente cun cento de veciños

Pasan meses preparando o evento coa participación de moitos cativos da aldea

Contan co apoio da Fundación Venancio Salcines

G24.gal 14/12/2025 21:08

Os Reis Magos chegaron, algo adiantados, este domingo ao belén vivente de Bribes, en Cambre. Alí case un cento de veciños recrean, cada ano, o nacemento de Xesús. 

Na representación que fan os veciños desta parroquia, a Virxe María e San Xosé chegaron ao antigo mosteiro de Bribes en lugar de chegar a Belén. Atoparon na horta e no patio deste lugar unha aldea completa na que non faltan artesáns nin labregos, e tamén o acubillo dos animais propios do portal para que nacese o neno Xesús.

"Eu levo vindo aquí desde que nacín, de feito fixen de Neno Xesús, e aquí estamos" di Selén, que fai de Virxe María

"É unha tradición da familia e imos xeración por xeración", di Anxo, que hoxe é San Xosé

Hai xa máis de 20 anos que a asociación de veciños organiza este belén, co apoio da Fundación Venancio Salcines e entre todos conseguen que participen varias xeracións.

"A miña tarefa é reclutar os nenos que cada vez é máis difícil, ensaiar e organizar os postos para que non haxa problemas", comenta Pili.

"É unha satisfacción para a parroquia que hoxe colabora moito. Antes andaba que andar detrás para que viñesen, e agora piden eles", di Manuel Martínez, presidente da Asociación de Veciños do Cruceiro.

A xornada rematou cun concerto de Nadal na igrexa de San Cibrao.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade