O teatro Jofre de Ferrol acolle a estrea de "A Culpa"
A montaxe é uhnha adaptación teatral da novela coa que María Solar obtivo o Premio Xerais en 2022.
Entre Galicia e A Arxentina, a obra é unha viaxe chea de recordos e emocións, que combina teatro e música en directo.
Quedan horas para a estrea, e sobre o escenario do Jofre xa todo soa a conta atrás . Comenta a directora e actriz na obra, Iria Ares que "o punto forte do espectáculo é esa viaxe ao pasado en que descubrimos como Mirta Val se converteu na estrela dos tangos".
Pero a diferenza doutras montaxes aquí hai un elemento que o cambia todo: a música en directo interpretada por un grupo de cámara da Orquestra Sinfónica de Galicia.
Porque aquí as cancións non acompañan á historia; son parte dela, tal e como apunta o director da función Xoan Carlos Mejuto "o habitual é que teñas a obra escrita e logo é o compositor o que fai a banda sonora. Pero aquí non, fomos escribindo e el compoñendo paralelamente".
Por todo isto dende estudo Momento din que que é "un espectáculo único, que nunca se fixo porque temos a esixencia de ter o foso con sete músicos en directo.. o que supón unha complexidade engadida".
En cuestión de horas subirase o pano e o pasado volverá facerse presente entre palabras, música e emocións.