Ribadavia celebra a 42 edición da Mostra Internacional de Teatro
Ribadavia convértese estes días no epicentro da creación artística ata a vindeira fin de semana
Nesta 42 edición a mostra conta con 25 espectáculos, ademais das actividades paralelas
Ribadavia convértese estes días no epicentro da creación artística. A capital do Ribeiro acolle unha nova edición da Mostra Internacional de Teatro que xa cumpre 42 anos. Ata a vindeira fin de semana, 25 espectáculos, ademais das actividades paralelas, achegarán ao espectador as últimas propostas do mundo da escena, con especial protagonismo para memoria histórica.
A igrexa da Madalena convértese nunha sala de proxeccións para afondar na figura dos zombis no cinema e como reflexan os cambios nos medos da sociedade. É a proposta creativa de Pedro Vilela tras unha residencia de dez días en Ribadavia.
Sobre outro escenario, os máis novos toman a palabra para reflexionar sobre a crise climática. Colapso é o froito dun obradoiro de artes escénicas.
Propotas colaborativas ou experimentais que conviven nun amplo programa no que atopamos máis dunha vintena de espectáculos con diferentes formatos e temáticas, como no relatan Sabela Mendoza, directora artística da MIT de Ribadavia, e Gena Baamonde, directora adxunta do MIT.
É unha Mostra de arte que trascende, que deixa pouso, que fai pensar...e que convertirá a Ribadavia nun espazo de encontro ata o vindeiro sábado.