Publicador de contidos

Publicador de contidos

Santiago concentra en 4 días 32 espectáculos de teatro e danza que percorrerán Galicia no próximo semestre

Santiago concentra en 4 días 32 espectáculos de teatro e danza que percorrerán Galicia no próximo semestre

Todas estas novidades preséntanse na feira Galicia Escena Pro, onde os artistas pasan o filtro dos programadores culturais

G24.gal 26/05/2026 14:26

Un musical de Artika, O libro da selva, en versión libre, é un dos 32 espectáculos da Feira Galicia Escena Pro. Son 13 anos xa poñendo en contacto as compañías de teatro e danza cos programadores dos concellos e os directores de teatros e auditorios, que preparan a axenda cultural do próximo semestre. Pero son tamén espectáculos abertos ao público.

"Tamén é importante para os programadores ver como a xente percibe a función e a súa resposta, porque iso tamén inflúe na decisión de programalo ou non programalo", explica Jacobo Sutil, director da Axencia Galega das Industrias Culturais.

Fran Sieira presenta 'BenQuerer', que xa estreou en febreiro e que agora abre xira Fran Sieira presenta 'BenQuerer', que xa estreou en febreiro e que agora abre xira

"É a primeira vez que temos música en directo, Caamaño&Ameixeiras. É unha peza que fala de autocoidado emocional. Estar na feira é un xeito de que coñezan o teu traballo pero non é unha praza fácil", comenta Fran Sieira, bailador e coreógrafo.

Despois, hai reunións para pechar acordos e datas. Cada programador cos seus criterios.

"Combinar compañías máis consolidadas con outras emerxentes, que sexa unha programación variada, que estean presentes todo tipo de artes escénicas", conta María Vázquez, programadora cultural.

A feira inclúe reunións de piching para coñecer en que proxectos andan traballando as compañías para a temporada seguinte.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade