Publicador de contidos

Publicador de contidos

Solicitan máis de 14 anos de cárcere para o presunto autor dun atraco nunha sucursal de Camariñas

Solicitan máis de 14 anos de cárcere para o presunto autor dun atraco nunha sucursal de Camariñas

O presunto autor, reincidente, está no cárcere e enfróntase a penas superiores os 14 anos

O atracador, que entrou disfrazado no local e golpeou ao empregado da sucursal, levou máis de 40.000 euros

G24.gal 30/10/2025 13:36

Comezou na Audiencia Provincial da Coruña un xuízo contra un home acusado de atracar unha sucursal bancaria o ano pasado en Camariñas. Fiscalía e acusación particular solicitan unha pena de máis de 14 anos de cárcere para o presunto autor.

Os feitos datan de febreiro do ano pasado. Segundo o escrito de acusación, un home, con antecedentes penais por varios atracos similares, accedeu á sucursal do Banco Santander na Ponte do Porto e levou máis de 40.000 euros en metálico. Fíxoo ocultando os seus trazos faciais cunha perruca e unhas lentes de sol e apuntando cun obxecto contundente, que aparentaba ser unha arma de fogo, o único empregado que se achaba traballando na devandita sucursal nese momento. Golpeouno e atouno con bridas. A vítima sufriu lesións físicas, estrés postraumático e crise de ansiedade.

Ao presunto autor pídenlle 5 anos polo roubo con violencia, 4 polas lesións e outros 5 pola detención ilegal. A defensa pide a libre absolución e pon en dúbida as probas de identidade do vídeo do interior do local e tamén das cámaras que gravaron fóra un Ford vermello propiedade do acusado. Tamén tratou de poñer en cuestión as supostas secuelas médicas da vítima e reducir a pena pola detención ilegal, que entende está integrada no propio delito do atraco.

Tras as declaracións de hoxe do presunto autor dos feitos e do empregado da entidade bancaria e vítima do atraco, está previsto que o xuízo quede o martes visto para sentenza nunha sesión en que participarán varios médicos forenses.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade